A segunda edición da Guía Micolóxica básica da provincia de Lugo foi presentada en Sarria

LugoXa | SarriaXa
A Casa da Cultura de Sarria acolleu o acto, que os organizadores valoraron como “moi positivo”, xa que houbo “máis de 30 persoas interesadas nesta guía”
guía-micolóxica-Sarria
17 Nov 2024

A Sociedade Micolóxica Lucus, a Asociación A Muiñeira de Sarria e o Concello de Sarria organizaron a presentación da segunda edición da Guía Micolóxica básica da provincia de Lugo.

A Casa da Cultura de Sarria acolleu o acto, que os organizadores valoraron como “moi positivo”, xa que houbo “máis de 30 persoas interesadas nesta guía” e incluso “a mercaron e se achegaron a que llela firmáramos”, explican.

Durante a presentación, estiveron presentes Julián Alonso e José Castro, presidente e directivo da Sociedade Micolóxica Lucus.

0.18728399276733