A serie O Camiño interior chegou onte a Sarria

A serie O Camiño interior chegou no día de onte a Sarria. O proxecto consiste nunha serie documental de 16 capítulos na que se percorrerá o camiño de Santiago dende León a Fisterra. O luns día 7 comezaba a etapa de Triacastela a Sarria Miguel Ángel Tobías acompañado de Jose María Poveda, neuropsiquiatra de traxectoria internacional cunha forte vinculación con Oriente.