A sétima edición da Estremonía Cantada de Sarria foi presentada oficialmente
SarriaXa
A sétima edición da Estremonía Cantada de Sarria foi presentada oficialmente pola asociación Peleriños e La Unión
17 Mar 2023
A Asociación Cultural Peleriños e a Sociedade Cultural La Unión, ámbalas dúas de Sarria, presentaron oficialmente a sétima edición da Estremonía Cantada.
Este evento, máis coñecido como Cantos de Taberna, terá lugar o vindeiro 25 de marzo en Sarria e contará coa participación de 16 grupos.
Estes colectivos musicais percorrerán coa súa música establecementos sarriaos entre as 18.30 e as 22.00 horas.
A partir das 22.30 horas está programada unha cea na Unión aberta aos veciños e amenizada pola orquestra Cé Pantasma.
Os que queiran xa poden mercar as entradas na propia Unión ou chamando ao teléfono 696 65 45 58.