A sexta xira do grupo Louband de Sarria comezará coa presentación do seu novo single
O Grupo Louband de Sarria, que forma parte da Asociación Rúa da Música, presenta a súa nova temporada de música co lanzamento dun novo single, co que encabezará a súa sexta xira.
O tema consiste nunha compilación de grandes éxitos do Xabarín Club, por iso déronlle o nome de ‘Xeración Xabarín’, arranxada por Iñaki L. Campo e gravada no estudo que o grupo ten en Sarria.
Esta canción pasa por catro dos grandes hits do Xabarín: "Somos do Clube da Galega", a cabeceira do programa realizada por Julián Hernández de Siniestro Total, "Prefiro Bailar Twist", tema interpretado na súa versión orixinal por Manuel Manquiña, "Estou na Lavadora" de O Caimán do Río Tea e "Non Todo é ou que Parece", de Aerolíneas Federais.
Esta canción está inspirada no clásico programa da TVG, xa que os compoñentes do grupo se senten identificados coa súa música e non dubidan en que será do agrado de todos os seus oíntes.
O tema será presentado en plataformas dixitais e incluirá como portada para a mesma un debuxo dos membros de Louband, realizado pola artista sarriá Kogarashi, que evoca ás series de debuxos animados.
Para a agrupación, as expectativas para este verán superan xa ás tempadas anteriores con numerosas contratacións que se estenden a mais alá do outono, ampliando tamén o seu radio de acción, pois este ano presentaron o seu espectáculo en Madrid e Portugal, ademais das habituais comunidades de Galicia, León e Asturias.