A socialista Pilar López, única asistente á sesión pantasma
A inesperada protagonista da curiosa xornada vivida no concello de Sarria, coa histórica decisión do grupo de goberno de non acudir en bloque ao pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular, foi a socialista Pilar López, quen non duda en calificar o experimentado hoxe como “rocambolesco. O PP solicitara dous plenos extraordinarios e o alcalde ten potestade para poñelos cando él queira. Se non, a última data era hoxe. Un ás 12.00 e o outro ás 12.30 horas”.
“O primeiro trataba sobre unha petición de máis prazas de médicos para o centro de saúde de Sarria pero fai unha semana iso xa se conseguiu. O PP presentou o luns as once e vinte da noite por rexistro a renuncia ao pleno pero como non foi desconvocado oficialmente presenteime igual. A miña sorpresa foi cando as 12.00 horas abro a porta do salón de plenos e alí só estaban o señor alcalde e o señor secretario e infórmanme de que se o pleno estaba solicitado non se pode anular. E tamén de que o resto do equipo de goberno non vai vir porque o consideran un despilfarro económico. Así, como non había quórum, en principio debería celebrarse o venres en segunda convocatoria”, relata a edil socialista.
Pero a xornada aínda gardaba máis sorpresas a Pilar López. “Marchei e regresei ás 12.30 horas para o pleno seguinte, o da polémica porque non se presentou o equipo de goberno, únicamente o alcalde que está obrigado por lei. Aí foi cando o secretario informoume de que non haberá segunda convocatoria o venres e que finalmente aceptaban a renuncia ao pleno extraordinario”