A Sociedad La Unión acolle a proxección da película 'O Corno'

SarriaXa
Esta película foi gañadora nos Mestre Mateo en Mellor longametraxe, Mellor dirección, Mellor dirección de fotografía, Mellor guión, Mellor maquillaxe e perruquería, Mellor son e Mellor vestiario
O-Corno
30 Nov 2024

Como parte do ciclo de cine dos Mestre Mateo, esta tarde de sábado, 30 de novembro, as 19.00 horas, a Sociedad La Unión acolle a proxección da película O Corno de Jaione Camborda.

A sinopse di que vai dunha muller, María, que se gaña a vida mariscando. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos seus partos con especial dedicación e coidado. Tras un inesperado suceso, vese obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que lle fará loitar pola súa supervivencia. Buscando a súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.

Esta película foi gañadora nos Mestre Mateo en Mellor longametraxe, Mellor dirección, Mellor dirección de fotografía, Mellor guión, Mellor maquillaxe e perruquería, Mellor son e Mellor vestiario.

⚙ Configurar cookies
0.21192502975464