A Sociedad La Unión de Sarria acolle diferentes actividades semanais
A Sociedad La Unión de Sarria acolle diferentes actividades semanais gratuítas e exclusivas para socios, que ten unha cota de 15 euros ao mes.
Desta maneira, os socios poderán desfrutar de festas, concertos, charlas, foliadas, comilonas, actividades semanais, celebracións e outros eventos.
Concretamente, os luns terá lugar a actividade Cantareiros ás 18.00 horas, da man de Ascensión Romero; os martes Suso imparte karate ás 19.00 horas, e Carlos, baile, ás 20 horas.
Pola súa parte, os mércores hai clases de iniciación á pandeireta ás 17.30 horas e avanzado ás 18.00 horas da man de Guille, mentres que os mércores ás 19.15 horas hai pilates, da man de Ana.
Xa os xoves Yolanda imparte sevillanas ás 18.00 horas e Marian faino con iago ás 19.15 horas; e os venres hai ximnasia de mantemento con Ana ás 17.00 horas. Finalmente, os domingos hai cine club ás 19.00 horas.