A Sociedad Recreativa La Unión acollerá unha actividade de relaxación gratuíta
Este domingo, 22 de xaneiro, terá lugar unha actividade gratuíta na Sociedad Recreativa La Unión, Baño de son, a cargo de Marian García Vicuña.
A actividade, que terá lugar ás 19.00 horas e durará unha hora, consiste nun momento de relaxación a través da escoita de diferentes sons de instrumentos como o gong, as cuncas tibetanas, o armonizador, a kalimba, o shruti, o tambor oceánico e paus de chuvia, entre outros.
Segundo Marian García, a experta en baño de son que vai levar o obradoiro, é unha terapia a través de sons, durante a que se pode chegar a un estado levitativo de relaxación nunha posición cómoda, xa sexa acostado ou sentado, que permita meditar mentres se senten os sons e as vibracións.
As persoas que acudiron a outras sesións de baños de son impartidos por Marian García, cinco deles na comarca de Sarria, cóntanos, din que a experiencia é moi interesante e moitos constatan que "as viaxes" son moi agradables.
Hai praza para unhas 25 persoas, que terán que levar unha esteira e unha mantiña para poñer por enriba mentres ten lugar a relaxación.