A Sociedade A Unión de Sarria comeza coas súas actividades semanais
A Sociedade Cultural A Unión de Sarria xa informou das diferentes actividades semanais que estarán dispoñibles dende este mes de outubro ata o vindeiro mes de xuño de 2022.
Este tipo de actividades son gratuítas e exclusivas para os socios e socias da sociedade.
Así pois, os luns ás 20 horas, levarase a cabo unha clase de cantos de taberna, co grupo dos Cantareir@s. Os martes será o turno das clases de ximnasia -ás 18 horas-, de karate -ás 19.30 horas- e de bailes de salón -ás 21 horas en Ritmo Lugo-.
Os mércores, polo seu lado, haberá clases de pilates ás 20 horas. Os xoves volverá a ximnasia ás 18 horas e tamén se realizará baile en línea ás 19.30 horas. Os venres serán o turno do baile de sevillanas -ás 20 horas- e, para rematar, os domingos haberá cine club.
Unha variedade de actividades diferentes para todos os públicos e gustos onde se levarán a cabo as medidas sanitarias correspondentes.