A Sociedade A Unión de Sarria retomará en febreiro as súas actividades
A sociedade cultural e recreativa A Unión de Sarria retomou no día de onte 25 de xaneiro a súa actividade despois de que a Covid afectara a un traballador da entidade. A sala de billar está aberta dende hoxe, 26 de xaneiro.
Será o 1 de febreiro cando se retomen os ensaios e os cursos que oferta. Desta forma, será este día cando os sarriaos volverán as súas clases de pilates, ximnasia, ioga, pandeireta, baile en liña, bailes de salón, sevillanas e kárate. Este tipo de actividades son gratuítas e exclusivas para os socios e socias da sociedade.
Así pois, os luns ás 20 horas, levarase a cabo cantos de taberna, co grupo dos Cantareir@s. Os martes será o turno das clases de ximnasia, ás 18.00 horas, de karate, ás 19.30 horas, e de bailes de salón ás 21.00 horas en Ritmo Lugo.
Os mércores, polo seu lado, haberá clases de pilates ás 20.00 horas. Os xoves volverá a ximnasia ás 18.00 horas e tamén se realizará baile en línea ás 19.30 horas. Os venres serán o turno do baile de sevillanas ás 20.00 horas.
O horario será o habitual de 14.30 a 22.00 horas pechando os luns por descanso.
Ademais, dende febreiro a asociación emitirá tamén un programa de radio e acollerá sesións de cineclub Leslie Nielsen.
Sociedade Cultural A Unión
A sociedade foi creada o 27 de abril de 1919. Na actualidade conta con preto de 500 socios que desfrutan das festas que organiza a entidade e ten acceso a actividades de diferente índole. Dende a asociación encárganse de dinamizar a actividade cultural da vila de Sarria.