A Sociedade Cultural La Unión acolle a proxección da película '¡Salta!'
A Sociedade Cultural La Unión de Sarria acolle, un domingo máis, unha xornada de cine que forma parte do ciclo de cine dos Mestre Mateo a partir das 19.00 horas deste 17 de novembro.
Esta vez, a película que se proxectará neste acto aberto a toda a cidadanía será '¡Salta!', de Olga Osorio, que trata de dous irmáns moi distintos entre si que viven nun piso de barrio e que teñen que lidiar coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de gusano.
Este filme foi finalista nos Mestre Mateo como mellor longametraxe, mellor dirección, mellor dirección de arte, mellor guión, mellor maquillaxe e perruquería, mellor música orixinal, mellor son e mellor vestiario. Ademais, foi gañadora no apartado de mellor interpretación masculina protagonista.