A Sociedade Cultural La Unión acolle esta tarde unha competición de ‘freestyle’
SarriaXa
Organizadas por uns rapaces de Sarria, valerán para que o gañador poida participar nas batallas do Son da Muralla de Lugo
6 sep 2024
A Sociedade Cultural La Unión acolle esta tarde, a partir das 18.00 horas, unha competición de batallas de gallos de rap ‘freestyle’ organizadas por uns rapaces de Sarria.
Desta maneira, a persoa que gañe neste evento obterá un premio de 200 euros e pasará ás batallas do Son da Muralla de Lugo, mentres que o segundo obterá 100 euros e o terceiro 50 euros.
O estilo ‘freestyle’ é un estilo libre de improvisación na que os participantes rapean con ou sen micrófono sobre unha base de música, seguindo o ritmo e coa intención de que os seus versos rimen.