A Sociedade Cultural La Unión ofrece varios cursos aos seus socios
SarriaXa
La Unión acolle unha sesión de Baño de Son impartida por Marian García de Vicuña este domingo, 21 de maio de 2023
11 Sep 2023
A Sociedade Cultural La Unión ofrecerá unha serie de cursos para este semestre do ano 2023 e que terán continuidade ata xuño do 2024.
Así, os luns ás 18.00 horas haberá os ensaios do grupo de cantos de taberna; os martes ás 18.00 horas ximnasia e ás 19.30 kárate; os mércores ás 19.00 horas pilates e ás 20.15 bailes de salón.
Os xoves será a quenda de ximnasia ás 18.00 horas, ás 19.15 ioga e ás 20.30 baile en línea. Os venres haberá iniciación á pandeireta ás 17.30 horas e avanzado ás 18.00 horas, mentres que ás 19.15 horas serán as clases de sevillanas e ás 20.30 as de baile de salón.