A Sociedade Deportiva Paradela contará este ano cunha nova directiva

SarriaXa
Ademais, contarán cun novo adestrador, aínda que non cambian os catro capitáns que defenderán o escudo unha tempada máis
directiva-SD-Paradela
directiva-SD-Paradela
25 Xuño 2024

Desde a SD Paradela anuncian que nesta vindeira tempada contarán cunha nova directiva formada por Rubén López, Javier Díaz, Adrián Fernández e Miguel López. Ademais, tamén contarán con novo adestrador, que será Santi.

Por outra parte, tamén anunciaron que se renovan os catro capitán do equipo, que seguirán un ano máis defendendo o escudo.

Estes son Carlos López, nado en Barán (Paradela) no 1990 e leva xa 14 tempadas no club; pola súa parte Eros López, nado en Sarria no 1998 afrontará a súa 10ª tempada; mentres que Hugo Pérez, nado na Carballosa (Paradela), cumprirá a súa 9ª tempada no club; e finalmente Raúl Fernández, nado en Fruxinde (Paradela) no 1988, seguirá por 7ª vez no club.

0.13767695426941