A Sociedade Deportiva Paradela volve celebrar o Día do socio
O sábado 20 de novembro terá lugar o día do socio do SD Paradela no Mercado Gandeiro. Este día contará cunha comida en honor aos socios do cluble. Para ser socio, o conxunto conta con dúas tarxetas que permiten a entrada ao campo os días de partido.
As tarxetas pódense adquirir por un valor de 30 ou de 50 euros. Para premiar aos socios polo apoio e a axuda o que adquira a tarxeta de 30 euros terá unha comida gratis e, o que adquira a de 50 euros, terá dúas comidas de balde. O clube viu nesta iniciativa unha maneira de incentivar á xente a facerse socia e apoiar ao equipo.
Roberto Sánchez Núñez, presidente do SD Paradela, destaca “é unha forma de facer parroquia e piña na vila de Paradela”. As últimas comidas de socios tiveron moito éxito chegando a ser ata 400 asistentes.
Esta comida é a celebración da temporada 2019-2020 que se viu truncada pola pandemia da COVID-19.
A cita dará comezo ás 12.30 horas coa sesión vermouth. Ás 14.30 horas terá lugar a comida e a xornada será amenizada por DJ Cendoy e DJ Min.
O menú inclúe xamón cocido, troitas, churrasco, postre, viño mencía, café e chupito.