A Sociedade Deportiva Sarriana comeza a tempada con novidades

SarriaXa
Seguen a presentar novos xogadores que debutarán este ano co primeiro equipo co obxectivo de conseguir ascender a 2ª RFEF
presentación-da-SD-Sarriana-Sénior-A-tempada-2024-2025
2 sep 2024

A Sociedade Deportiva Sarriana vén de comezar a tempada de fútbol 2024-2025 con diferentes novidades.

No apartado da canteira do club, contarán con Raúl Fernández, que é o adestrador do Sénior B, que se atopa na categoría 3ª Futgal; mentres, Héctor Sánchez é o adestrador do xuvenil de 1ª Futgal. Pola súa parte, Roberto Díaz é o adestrador do equipo cadete que xoga en 2ª Futgal; e Tomás Susavila é o adestrador do equipo infantil que xoga en 1ª Futgal.

Pola súa parte, Roberto Rodríguez será o novo delegado de equipo do Sénior A de 3ª RFEF e Adrián Gallego será, de novo, o médico que seguirá guiando aos xogadores para manterse en forma.

Con respecto ás novas fichaxes para o primeiro equipo, a Sarriana contará con Víctor Arosa, porteiro procedente do Pontevedra CF que se formou nas categorías inferiores do CD Lugo. Tamén ficharon a Javier Piay, o defensa do Gran Peña FC - RC Celta Fortuna, formado nas categorías inferiores do RC Celta.

Tamén ficharon ao defensa Yanike Tenkou, procedente do Club de Futbol Trival Valderas de Alcorcón; e a Rubén Vilela, tamén defensa procedente do RC Deportivo – Fabril, que se formo unas categorías inferiores do equipo da Coruña.

0.17745018005371