A Sociedade La Unión acolle o ciclo de cine dos Mestre Mateo con nove propostas cinematográficas

SarriaXa
A primeira cita será este 31 de agosto coa proxección de '+Cuñados', de Luis Avilés, e continuará ata outubro con diferentes filmes e curtametraxes
Sociedad-La-Unión-Sarria
31 Aug 2025

A Sociedade La Unión de Sarria dá comezo este domingo 31 de agosto ás 19:00 horas ao ciclo de cine dos Mestre Mateo coa proxección da película '+Cuñados', dirixida por Luis Avilés.

Esta iniciativa pretende achegar ao público lucense as obras máis recentes do panorama cinematográfico galego e proporcionar unha programación variada durante varias semanas.

O ciclo continuará con novas propostas cada semana: o 7 de setembro proxectarase “Aurora”, o 13 de setembro “As Neves”, o 21 de setembro “Filmei paxaros voando” e o 28 de setembro “Honeymoon”. Xa en outubro, o público poderá ver “Prefiro condenarme” o 5, “Xustiza artificial” o 12, “Salvaxe, salvaxe” o 19, e finalmente, o 26 de outubro, presentarase unha selección de curtametraxes.

A programación busca combinar diferentes estilos e temáticas, ofrecendo unha visión ampla do cinema galego contemporáneo e fomentando a asistencia do público a estas proxeccións culturais.

⚙ Configurar cookies
0.16231894493103