A subestación eléctrica de Triacastela foi reformada integralmente

SarriaXa
A subestación eléctrica de Triacastela foi reformada integralmente pola distribuidora eléctrica de Naturgy, UFD
Subestacion electrica Triacastela
5 Apr 2023

A distribuidora eléctrica de Naturgy, UFD, investiu 1,4 millóns de euros na reforma integral da subestación eléctrica de Triacastela.

As obras permitiron ampliar a capacidade da infraestrutura, ademais de mellorar a calidade e a fiabilidade da subministración eléctrica ao municipio de Triacastela e aos concellos da zona.

A actuación supuxo a renovación completa e a blindaxe do parque de 20 kV da subestación eléctrica.

Dotouse ademais á instalación de novas tecnoloxías no telecontrol e sensorización, o que implica unha mellora da calidade da subministración, ao optimizar a fiabilidade e minimizar os tempos de resposta diante calquera incidencia.

O delegado de UFD na provincia de Lugo, Pablo Carreira, destaca que “a reforma da subestación de Triacastela supón unha dos investimentos máis importantes da distribuidora na zona e é unha proba máis do compromiso desta compañía co desenvolvemento enerxético e económico da comarca e da vocación de traballar para asegurar a fiabilidade e a calidade da subministración eléctrica a todos os veciños de Triacastela.”

A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para robustecer e modernizar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e dixitalizar a rede de distribución, especialmente en zonas rurais, contribuíndo ao desenvolvemento económico destes territorios como vector á hora de fixar poboación no ámbito rural.

0.15906000137329