A taxa polo uso dos espazos públicos en Láncara xa está regulada cun novo prezo

SarriaXa
A partir de agora, será de 0,83 euros por metro cadrado e día a taxa a pagar polo uso do espazo público no campo da feira
rotonda-a-Pobra-de-San-Xiao
7 Ago 2024

A nova ordenanza pola cal se regulan as taxas dos usos dos espazos públicos no Concello de Láncara acaba de entrar en vigor.
Con esta, a partir de agora será de 0,83 euros por metro cadrado e día a taxa a pagar polo uso do espazo público no campo da feira da Pobra de San Xiao.

Porén, o 1 de maio, día no que se celebra a Feira da Tenreira, o custo será de 1,42 euros o metro cadrado no campo da feira e de 1,25 na rúa Benigno Quiroga e outras vías do casco urbano, que noutras datas non sinaladas terá un custo de 0,95 euros o metro cadrado por día.

Ademais, a ordenanza inclúe tamén bonificacións, como dun 100 % ás comisión de festas polas celebración das festas das diferentes parroquias do municipio e recolle unha rebaixa do 50 % na taxa do campo da feira entre maio e setembro para os participantes nos mercados dos días 2 e 17 de cada mes.

Pero isto será só para particulares, xa que as administración públicas, como o Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais poderán usar o espazo público de maneira privada como aproveitamento especial inherente aos servizos públicos de comunicación e por todos aos que lle interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.

0.17867803573608