A Tradescola leva a música tradicional ao EEI Xela Arias de Sarria cun concerto didáctico

A Tradescola celebrará este xoves, 26 de marzo, ás 12.00 horas, dous concertos didácticos no EEI Xela Arias de Sarria, nunha iniciativa orientada a divulgar a música tradicional galega entre o público máis novo.
Durante estas sesións, realizarase un percorrido polos distintos instrumentos propios da tradición musical galega, combinando explicacións didácticas coa interpretación en directo de diferentes pezas do repertorio popular. O obxectivo é achegar ao alumnado tanto o son como o contexto cultural destas expresións musicais.
Os concertos estarán impartidos polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias, Lucía Eiros e Mónica Fernández, quen guiarán esta actividade educativa a través da música e do coñecemento das súas raíces.
Esta proposta conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo e forma parte das accións de difusión e posta en valor da música e do baile tradicional galego.