A última reunión da comisión de investigación do matadoiro de Sarria mostra novas irregularidades

SarriaXa
O Concello de Sarria celebrou unha nova comisión de investigación sobre a situación económica do matadoiro do municipio, na que participaron os antiguos tesoureiros e os concelleiros dos distintos partidos políticos.
matadoiro Sarria
6 Xan 2024

O Concello de Sarria celebrou unha nova comisión de investigación sobre a situación económica do matadoiro do municipio, na que participaron os antiguos tesoureiros e os concelleiros dos distintos partidos políticos.

A comisión citou así a declarar ao persoal do matadoiro, ao persoal do servizo de recadación, ao de tesourería e ao transportista.

O transportista do matadoiro, pola súa parte, alegou que leva sen contrato desde o ano 2021, polo que leva máis de dos anos prestando un servizo de maneira irregular e tamén dixo que el entregou no Concello todo o diñeiro que lle pagaron.

Con todo, aínda está por declarar onde están os 176.000 euros que faltan, deixando claras as irregularidades do servizo e con novas anomalías que se descoñecían.

Pola súa parte, desde o Goberno local seguen apostando por remitir o expediente á Fiscalía e ao Tribunal de Contas para que sigan coa investigación, mentres que desde o PP e o PSOE abogan por seguir realizando reunións de comisión de investigación.

0.14168000221252