A UNED ofrece un relatorio sobre os dereitos das mulleres

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A UNED ofrecerá un relatorio co título Mulleres: igualdade, violencia e reprodución. Esta sesión tratará sobre os dereitos sexuais.
dereitos reprodutivos das mulleres uned
23 Nov 2022

A doutora Elena Hernández Corrochano, secretaria do Centro de Estudos de Xénero e profesora do Departamento de Antropoloxía Social e Cultural UNED, ofrecerá un relatorio co título Mulleres: igualdade, violencia e reprodución. Esta sesión tratará sobre os dereitos sexuais e reprodutivos co gallo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

En todo o mundo, moitas persoas son perseguidas por exercer os seus dereitos sexuais e reprodutivos e a moitas máis se lles impide totalmente exercelo.

O significado dos dereitos sexuais e reprodutivos é que cada cal é libre de decidir sobre o seu corpo e de obter información precisa sobre estes asuntos, acceder a servizos de saúde sexual e reprodutiva, o que inclúe os de contracepción, elixir se desexa casar, cando e con quen e decidir se quere ter fillos e cantos.

Deses dereitos, despréndese tamén que debemos poder vivir sen ningún tipo de violencia sexual, o que inclúe violacións, mutilación xenital feminina, embarazos forzados, abortos forzados e esterilización forzada.

Será impartida por Elena Hernández Corrochano, secretaria do Centro de Estudos de Xénero e profesora do Departamento de Antropoloxía Social e Cultural UNED, acompañada pola directora do centro, Ana Belén Traseira Pena.

Realizarase online ou presencial, o vindeiro xoves, 24 de novembro, de 18:00 a 19:00 horas.

Máis información e matrícula neste enlace.

0.14410901069641