A Unión de Sarria presenta o seu programa de actividades semanais para o curso 2025-2026

SarriaXa
As propostas, gratuítas para socios e socias, inclúen clases de canto, baile, ximnasia, pilates, ioga, zumba e sevillanas
Sociedad-La-Unión-Sarria
13 Oct 2025

A sociedade cultural A Unión de Sarria deu a coñecer o seu programa de actividades semanais para o curso comprendido entre setembro de 2025 e xuño de 2026, unha ampla oferta pensada para fomentar a participación veciñal, o benestar e a convivencia a través do ocio e a cultura.

As sesións desenvolveranse de luns a venres nas instalacións da entidade e estarán abertas a todas as idades, cunha cota mensual de 15 euros para socios e a posibilidade de participar gratuitamente nas propostas para quen xa forme parte da asociación.

O luns ás 19:00 horas será a quenda dos cantareir@s, dirixidos por Ascen, mentres que o martes se impartirá kárate ás 19:00 horas con Suso e baile de salón ás 20:15 horas con Carlos. O mércores será a quenda do pilates, ás 19:15 horas, a cargo de Lucía, e o xoves ofreceranse sesións de ximnasia ás 18:00 horas con Ana e de ioga ás 19:15 horas con Marián. A semana pecharase o venres con zumba ás 16:30 horas e sevillanas ás 18:00 horas, tamén con Ana e Antía como monitoras.

Desde A Unión destacan que o obxectivo é continuar sendo un espazo de encontro activo e dinámico para os veciños e veciñas de Sarria, promovendo hábitos saudables, a práctica deportiva e o goce compartido das actividades culturais.

⚙ Configurar cookies
0.078781843185425