A veciña Carmen López gastou os case mil euros que gañou na campaña 60x1.000 da ACES
Esta mañá ás 10.30 comezou a xornada de compras da décima edición da campaña 60x1.000, na que participaron 31 establecementos da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria e na que a premiada foi Carmen López tivo que gastar 1.000 euros nos establecementos de Sarria en menos dunha hora.
Acompañada da súa filla Lucía, Carmen gastou os 997,80 euros en case 50 minutos e sobráronlles 10 minutos do tempo máximo establecido para mercar grazas a coche antigo da Asociación de coches antigos de Sarria que puxo á súa disposición a ACES.
Rodeada de varias reporteiras e fotógrafas, Carmen mercou en 9 comercios, dos 31 participantes. En primeiro lugar dirixíronse a Complementos Vilamey, despois a Calzados Gayoso, despois a Xoiería Díaz, logo a Mercería Sarillo, máis tarde a Dimar Moda, logo a Cris Abad, e despois a Trece Tablas. Para continuar, foi ata Lar de Menchu e, para rematar, parou a Electronova.