A veciñanza de Sarria poderá desfrutar da obra 'Terceiro acto' en Santiago de Compostela
SarriaXa
O sábado 12 de outubro o Concello de Sarria promove unha excursión á capital de Galicia para ver a obra de teatro
8 Oct 2024
O vindeiro 12 de outubro, as veciñas e veciños de Sarria poderán desfrutar dunha actividade organizada polo Concello de Sarria e no marco do programa de mobilidade promovido polo Centro Dramático Galego.
Desta maneira, promóvese unha excursión a Santiago de Compostela, concretamente ao Salón do Teatro, para que as persoas interesadas poidan desfrutar da representación da obra 'Terceiro acto' dirixida por Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez.
A saída será o sábado, 12 de outubro, ás 15.00 horas desde a Casa da Cultura e a función terá lugar ás 18.00 horas. A hora aproximada de volta a Sarria será ás 20.30 horas e terá un custo de 5 euros para o transporte.