A veciñanza de Sarria xa conta cunha pasarela para cruzar do barrio da Estación ao Mazadoiro

SarriaXa
Despois de case dous anos de obras, esta pasarela unirá así os barrios do Mazadoiro e da Estación, cuxos veciños levaban décadas pedindo que se acometerá esta obra
pasarela-do-Mazadoiro-Sarria
Imaxe cedida polo veciño Jose Antonio García
27 Nov 2024

Adif vén de rematar as obras para a construción dunha pasarela peatonal por riba da estación de tren de Sarria, no barrio do Mazadoiro, unha demanda social que xa é unha realidade.

Despois de case dous anos de obras, esta pasarela unirá así os barrios do Mazadoiro e da Estación, cuxos veciños levaban décadas pedindo que se acometerá esta obra como unha necesidade social, xa que evita que teñan que ir pola ponte vella da estrada de Lugo a Monforte para pasar dun barrio ao outro.

Para acceder a esta nova pasarela, a veciñanza poderá acceder a ela desde as rúas Mazadoiro e a Ramón Cabanillas, onde hai carteis sinalizando xa a entrada á pasarela, que é metálica, sostida por piares de formigón. Tamén ten unha rampla inclusiva e ten previsto engadírselle unhas escaleiras.

0.15586495399475