A veciñanza de Sarria xa pode consultar os orzamentos aprobados do Concello de Sarria

SarriaXa
As persoas que o consideren poderán presentar alegacións ata o vindeiro 6 de xuño
Pleno-Sarria
16 Maio 2024

Os orzamentos de Sarria, que quedaron aprobados ao vincularse a unha cuestión de confianza e non ter presentada por parte da oposición unha moción de censura, están xa a exposición pública no servizo de Intervención do Concello.

Desta maneira, todos os veciños e veciñas que quieran poderán ir revisalos, examinalos e presentar as reclamacións que lles parezan axeitadas ata o vindeiro 6 de xuño, cando os presupostos quedarán aprobados definitivamente de non haber alegacións.

No caso de habelas, o pleno do Concello de Sarria terá o prazo dun mes para resolvelas.

0.15555906295776