A vía de acceso á parroquia Portela de Samos quedou arranxada para que os veciños poidan desfrutar das festas

SarriaXa
O goberno local de Samos vén de mellorar o pavimento no vial de acceso á parroquia de Portela de Lóuzara, onde hoxe se celebran as súas grandes festas, que inclúen música, pasacalles e sesión vermú coa charanga Os Bercianos e, a partir das 20.
Portela Samos 2
10 Aug 2023

O goberno local de Samos vén de mellorar o pavimento no vial de acceso á parroquia de Portela de Lóuzara, onde hoxe se celebran as súas grandes festas, que inclúen música, pasacalles e sesión vermú coa charanga Os Bercianos e, a partir das 20.00 horas, actuará o Dúo Tropical.

A alcaldesa, Chus López, sostén que a estrada arranxada “estaba en moi malas condición” e que o tiñan levado en varias ocasións a pleno en anteriores mandatos, así como houbo “reiterados escritos tanto dos veciños como do valedor do pobo”.

En definitiva, di, “era algo que levaba moitos anos pedindo a veciñanza” e nós fixémolo nun traballo arduo e contrarreloxo, co fin de tela lista para as festas e “levando nós aí no Concello pouco máis dun mes”, argumentou.

Axudas

Ademais, explica que grazas á un convenio firmado coa Deputación de Lugo e “en tempo récord” fíxose o proxecto o convenio e conseguimos a financiación para facer o traballo.

Así, a alcaldesa de Samos quixo agradecer e recoñecer “a todos e cada un dos que fixeron posible que esta obra este afeita o seu duro traballo”.

“Mañá será dobre festa, pois todos os veciños están encantados coa mellora da pista, xa que cando comezaron os traballos vimos neles unha mestura entre incredulidade e emoción, xa que levaban moitos anos reclamando que estaba en mal estado”, sentenciou.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17030310630798