A vía peonil e a ponte de Valdriz, en Láncara, cumpren un ano dende as súas derradeiras reformas
Integrantes do Partido Popular do municipio de Láncara celebran que hai xusto un ano, dábanse por finalizadas estas obras coas que se acadaba o ensanche da ponte e a construción dunha glorieta. Ademais, da construción dun muro na ponte.
O PROXECTO
Os traballos, que no seu día supuxeron a escavación de máis de 15.000 metros cúbicos e o emprego de máis de 1.000 toneladas de mestura asfáltica, leváronse a cabo cun orzamento de 599.845 euros.
No que á ponte se refire, o ensanche realizouse nun tramo de 500 metros e precisou do relevo de parte da terra da bóveda por cemento, así como a instalación de 513 metros cadrados de prelousa, armadura, ferro e formigón para ampliar o ancho dos 6 metros actuais ata os 10.
Converteuse na obra máis complexa de executar dunha actuación global que contemplou tamén a creación dunha rotonda que xestiona toda a circulación da LU-621 con Valdriz, o que supuxo unha maior seguridade para o tráfico rodado nun cruce bastante perigoso.
Igualmente, esta iniciativa xestionou a creación dunha senda peonil dende o derradeiro tramo de pavimento da Pobra de San Xillao ata a nova rotonda de acceso a Valdriz.