A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a celebración do Festival Tremeterra

SarriaXa
A deputada de Cultura, Iria Castro, presentou esta cita xunto aos organizadores Jessica Moledo e Alba Vázquez no Pazo de San Marcos
Tremeterra-apoio-Deputación-de-Lugo
29 Ago 2024

O Incio celebra esta fin de semana a terceira edición de Tremeterra, unha proposta cultural da Asociación Cultural Arandela e a Asociación Cultural Sonsistema que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A deputada de Cultura, Iria Castro, presentou esta cita xunto aos organizadores Jessica Moledo e Alba Vázquez no Pazo de San Marcos.

Tremeterra conta con actividades e concertos de balde arredor da cultura Soundsystem, na contorna do Encoro de Vilasouto.

Este encontro naceu co obxectivo de axudar no eido local, creando unha alternativa de ocio para a xente da zona e introducindo propostas culturais á vangarda.

Iria Castro valorou “o traballo de entidades que permiten sumar propostas á axenda musical e cultural da comarca de Sarria e de todo o país cun festival para o que chegan grupos galegos, estatais e tamén internacionais” e reiterou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo coas propostas do tecido asociativo que permiten tamer dar impulso económico ao territorio asía como dar a coñecer o noso patrimonio”.

O programa comeza o venres 30 de agosto ás 17.30h con Chapamama, e continuará con Baboon Prophecy, High Paw, Higher Meditation, Nia Songbird, Weeding Dub, Mr. Xebre e Dub Mono Hifi, que pechará de 1.30 horas a 4.30 horas a primeira xornada.

O sábado o programa comezará ás 15.30 horas con Amandub, Ital Roots&Lasai, Lewis Bennett, Ginette Prod, Radikal Guru, Wandem SoundSystem & The Hornsmen Section, High Nebre & Le Faune Stepper e Toroki.

0.16446304321289