A VIII edición da Estremonía Cantada de Sarria terá lugar o vindeiro 16 de marzo

O vindeiro 16 de marzo terá lugar a VIII Edición Estremonía Cantada en Sarria, unha nova edición que encherá de música tradicional os bares da vila sarriá.
O Concelleiro de Acción Cultural, César No, xunto con membros de Peleriños, Roberto Quiroga, Alba Fernández e Borja García, presentaron o cartel destes cantos de taberna.
O evento, o que xa se poden inscribir os grupos musicais e persoas interesadas ata o vindeiro 9 de marzo, está organizado polo Concello de Sarria en colaboración coa Asociación Cultural Peleriños e a Sociedad La Unión.