A Volta a Galicia arranca en Sarria a súa primeira etapa

SarriaXa
Os mellores ciclistas das categorías Sub-23 e Elite comezan hoxe en Sarria a primeira das probas da competición
volta-a-galicia-sarria
12 sep 2024

A Volta a Galicia percorrerá un ano máis a xeografía galega, con Sarria como punto de partida.

Os mellores ciclistas das categorías Sub-23 e Elite comezan hoxe no concello lucense a primeira das probas da competición, que consistirá onsistirá nunha contrarreloxo individual con saída na rúa da Liberdade e chegada na rúa Maior (fronte á Igrexa de San Salvador), e un percorrido de 7,1 quilómetros pola vila e a contorna da localidade. A proba comezará ás 18.00 horas.

Pola súa parte, a segunda etapa será o venres 13 e o trazado deseñado, con chegada e saída na rúa da Liberdade, conta con 160 quilómetros nos que os ciclistas percorrerán tamén outros concellos das comarcas de Sarria e Lugo como Samos, Láncara, O Páramo, O Corgo, Castroverde, Baralla e Lugo (Nadela). A proba iniciarase ás 12.00 horas cunha saída neutralizada.

Trátase dun itinerario de media montaña con terreo bastante rápido e rompepernas, con Montán (Samos) e Sobrado (Baralla), portos de terceira categoría, como puntos máis altos do circuíto.

0.18264293670654