A voltas co lobo

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
Coa nosa VOZ, artículos do escritor Pablo Veiga, que trata os temas de actualidade cun toque persoal e atentendo a esta provincia.
Pablo Veiga
23 Mar 2021

Por Pablo Veiga

Un dos debates que máis paixóns suscita no campo galego é sen dúbida o referido ó lobo. Considerado históricamente como un inimigo de gandeiros, é noticia de actualidade, misturándose voces a prol da súa existencia, avogando por convivir con el, con outras que propoñen un control ou incluso van máis alá, optando por prácticas encamiñadas a reducir considerablemente o seu número no País.

Non resulta doado postularse no litixio en cuestión entre conservacionistas e afectados polos ataques deste animal, a quen o mítico Félix Rodríguez De La Fuente lle atribuía valores como a nobreza, ademáis de resaltar a súa intelixencia. As razóns duns e doutros, de sobra coñecidas e moi ben argumentadas.

En primeiro lugar, unha rápida análises das cifras: segundo as informacións facilitadas, estímase que en Galicia existen unhas noventa manadas, o que suporía un número de exemplares de entre seis centos e oito centos. Se establecemos comparacións, en toda Francia, seica non chegarían ó medio millar. Dise que hai presenza de lobos na práctica totalidade do territorio, librándose as zonas máis urbanizadas e as súas contornas máis próximas.

Se continuamos referíndonos ós datos, estes dinnos que os danos producidos na cabana ganadeira galega pasaron dos 150 mil euros hai catro anos ata os 230 mil hai só un, resultado das máis de dúas mil tres centas reses –ovellas, vacas, cabalos e cabras- mortas ou inutilizadas pola acción do lobo. E novamente, mirando alén dos Pirineos, mentres as administracións francesas destinaron 32 millóns de euros en axudas, aquí en Galicia sobre seis centos mil. Se son certas estas cantidades, temos por diante un evidente desafío para correxilas.

Pero como noutras discusións, agradécese non porse de perfil. Cómpre escoitar a todos, defensores por un lado e … digamos, afectados e cabreados polo outro. Entón, chegamos á segunda parte, na que é obrigatorio preguntarse se o lobo ten que continuar no noso ecosistema. A resposta, en principio, debera ser que si. Como parte do mesmo, ten dereito á súa existencia e levar a cabo medidas que fomenten a súa continuidade é un deber do conxunto da sociedade. A Natureza é sabia e se puxo ó lobo no sistema, este ten que seguir nos nosos montes.

Agora ben, queda a segunda parte neste complexo debate. E aí cómpre escoitar ós damnificados, que son as vítimas dos ataques deste animal, os gandeiros, que cada ano suman perdas considerables, realidade que este castigado sector non se pode permitir o luxo de padecer. O lobo é importante para o ecosistema, pero a gandeiría e as familias que viven dela tamén o son e merecen atención e protección. E coma sempre, temos exemplos reais, con rostro e historia, que dan a todos auténticas leccións de sabedoría. Neste caso, un rapaz de pouco máis de vinte anos, o gandeiro vilalbés Xabier Paz, quen saiu á palestra cunha carta pública na que emprazaba ós xestores das distintas administracións a que calzasen as botas e viñeran á aldea.

O primeiro grande paso na procura de solucións estaría dado, escoitando a xente como este mozo. Tomen nota quen corresponda.

0.14301300048828