A Xacorun volve percorrer unha parte do Camiño Francés o vindeiro 3 de marzo

SarriaXa | LugoXa
Volve a Xacorun aos concellos de Sarria, Paradela e Portomarín o vindeiro 3 de marzo, unha cita á que
20 Feb 2024

Volve a Xacorun aos concellos de Sarria, Paradela e Portomarín o vindeiro 3 de marzo, unha cita á que xa se poden apuntar todas as persoas interesadas en participar.

Esta carreira, na que se pretende coñecer e poñer en valor unha parte do Camiño Francés do Camiño de Santiago, percorrerá arredor de 23 quilómetros nos que as persoas participantes desfrutarán dun percorrido natural e paisaxístico envexable.

Como cada ano, haberá dúas modalidades de carreira, unha de 23 quilómetros, que irá desde o Concello de Sarria ata Portomarín; e outra de 10 quilómetros, que irá desde Mirallos, en Paradela, ata Portomarín.

0.16802096366882