A XIII Ruta 4x4 da Comarca de Sarria celebrarase do 21 ao 23 de novembro

SarriaXa
A cita reunirá motos, quads, todoterreos e buggys nun evento con percorrido turístico, zonas especiais e probas de habilidade
Ruta-4x4-comarca-de-Sarria-2024
8 Sep 2025

A Comarca de Sarria acollerá os días 21, 22 e 23 de novembro de 2025 unha nova edición da súa xa tradicional cita co motor: a XIII Ruta 4x4, organizada polos colectivos Os Carro e Catro.

O evento contará cun amplo programa que incluirá ruta turística polos arredores da comarca, zonas especiais e probas de habilidade, nas que os participantes poderán demostrar as súas destrezas ao volante e desfrutar da aventura en plena natureza.

A cita está aberta a diferentes vehículos, desde motos e quads ata todoterreos e buggys, o que garante unha experiencia variada e atractiva tanto para os condutores como para o público asistente.

A Ruta 4x4 consolidouse ao longo dos anos como unha das actividades máis destacadas do calendario de lecer e deporte de motor en Sarria e a súa contorna, atraendo participantes de toda Galicia e doutros puntos de España.

⚙ Configurar cookies
0.091905117034912