A XIII Ruta 4x4 da Comarca de Sarria celebrarase do 21 ao 23 de novembro

A comarca de Sarria converterase un ano máis no epicentro do motor coa celebración da XIII Ruta 4x4, que terá lugar os días 21, 22 e 23 de novembro. A cita está organizada polo Concello de Sarria e o colectivo Os Carro x Catro, coa colaboración da Asociación Quad Galicia, así como dos concellos de Samos, O Incio e A Pobra do Brollón, e conta tamén co apoio da Xunta de Galicia.
O programa comezará o venres 21 cunha benvida na terraza O Meigallo ás 21:00 horas, seguida dunha saída nocturna polos arredores da vila de Sarria.
O sábado 22, a partir das 08:00 horas, farase a entrega de documentación e o almorzo no mesmo lugar. Ás 08:30 horas iniciarase a ruta, cun xantar no pavillón de O Incio ás 14:00 horas, e cea no pavillón dos institutos de Sarria ás 22:00 horas.
O domingo 23, a actividade trasladarase ao polígono do Morelle, onde haberá almorzo ás 09:00 horas, probas de habilidade ás 09:30, xantar ás 15:00 e entrega de trofeos ás 16:30 horas.
As inscricións realizaranse a través da web www.ccnorte.com, cun prazo que remata o 18 de novembro. Poderán participar todoterreos, buggies, quads e motos, sempre que conten coa documentación en regra.