A ximnasta Almudena Cid estará o vindeiro 23 de novembro en Sarria

SarriaXa
Da man do Club Xirandela, impartirá unha masterclass con motivo do aniversario do Club, que fai 25 anos desde a súa posta en marcha en 1999
Club-Xirandela-Torneo-Vila-de-Sarria
13 Nov 2024

O Club Xirandela de ximnasia rítmica de Sarria organiza unha masterclass na que Almudena Cid, que gañou oito campionatos de España no concurso xeral da categoría de honra, achegarase ao deporte de Sarria, unha iniciativa organizada polocon motivo da celebración dos seus 25 anos.

As alumnas de ximnasia rítmica do Club Xirandela, así como outras persoas interesadas, poderán gozar dunha actividade que terá lugar o vindeiro 23 de novembro no pavillón Jose Mario González do Chanto.

A ex-ximnasta olímpica da selección nacional española, tamén é actriz e escritora, aínda que destaca pola súa participación en catro xogos olímpicos consecutivos (Atlanta 1996, Sídney 2000, Atenas 2004 e Pekín 2008). Obtivo diploma olímpico nos dous últimos e é a única ximnasta rítmica que disputou catro finais olímpicas.

Para apuntarse e formar parte da iniciativa, as persoas interesadas deberán contactar co Club Xirandela a través do correo clubxirandela@gmail.com ou no teléfono 619 034 135.

0.19210505485535