A XIV edición da Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio terá lugar en agosto

SarriaXa
Ao longo de todo o día haberá postos de artesanía polas na Praza de España e nos arredores do Concello
Feira-Artesanía-O-Incio
Feira-Artesanía-O-Incio
15 Xul 2024

O Concello do Incio celebrará o xoves 22 de agosto a XIV edición da súa Feira de Artesanía e Produtos da Terra, coincidindo coa Feira local.

Pola mañá haberá un pasarrúas a cargo dun grupo de música tradicional e unha actividade a cargo da Furgoteca, a biblioteca móbil da Xunta de Galicia. Xa pola tarde, haberá unha actuación da Charanga Louband e ás 20:00 horas degustación e iscos e foliada aberta.

Ao longo de todo o día haberá postos de artesanía polas na Praza de España e nos arredores do Concello, coa participación da Fundación Artesanía de Galicia, que tamén se encargará de organizar diferentes obradoiros para todos os públicos ao longo de toda a xornada.

Xunto a estes expositores estarán os postos de empresas de alimentación da zona que venderán produtos típicos, como mel ou queixo.

Esta feira é unha iniciativa do Concello do Incio para promover o turismo e a cultura na zona, así como para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Por este motivo, explica o alcalde, Héctor Corujo, cambiamos a data para agosto e para que coincida coa feira local para atraer ao maior número posible de visitantes.

0.17157602310181