A xogadora de baloncesto sarriá, Noa López, conseguiu facerse co torneo internacional de Abu Dabhi xunto as súas compañeiras
Noa López, a xogadora de baloncesto sarriá que foi convocada pola Selección Española Ou15 para xogar en Abu Dhabi, conseguiu o título de MVP, que galardona ás persoas que mellor xogan, nun partido contra Alemaña.
Ademais de conseguir ser a mellor xogadora neste partido, Noa conseguiu ser a xogadora con máis asistencias do torneo, no que a Selección gañou todos os partidos da fase de grupo e, finalmente, as xogadoras conseguiron gañar a final contra Líbano.
Por todo isto, a súa familia sostén que Noa vén moi contenta de toda a experiencia vivida, tanto dentro da cancha como fóra coas súas compañeiras de selección e que está moi agradecida por todo o agarimo e apoio recibido pola súa xente de Sarria e de moitos lugares de Galicia e España. "Este torneo de Abu Dhabi, quedará gravado profundamente no seu corazón e vivencia persoal", argumentan.