A Xunta apoia a carreira Xacorun que percorrerá a etapa Sarria-Portomarín

LugoXa | SarriaXa
La Xunta de Galicia apoya la carrerá Xacorun que tendrá lugar el próximo 19 de marzo y recorrerá la etapa Sarria-Portomarín.
xacorun sarria
17 Mar 2022

A Xunta de Galicia apoia a carreira Xacorun, que o vindeiro sábado 19 de marzo convida a coñecer o Camiño Francés entre Sarria e Portomarín a través do deporte.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e Thor López, en representación da asociación organizadora, o Club Pretorianos, presentaron na Delegación Territorial da Xunta esta iniciativa, que recibe apoio da Secretaría Xeral para o Deporte e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. A proba conta con 211 persoas inscritas.

Hai dúas modalidades de carreira, unha de 22 quilómetros individual ou por relevos que sairá desde Sarria ás 16.30 horas; e outra de 11 quilómetros individual, que ten como punto de partida o núcleo de Mirallos ás 17.30.

A organización desta proba contribúe na promoción do Xacobeo sumando dúas experiencias que comparten moitos valores, o deporte e o Camiño de Santiago. O Camiño Francés ofrece un escenario único dentro da nosa provincia para conxugar o turismo e o deporte en contacto coa natureza.

Ademais dos premios e trofeos aos que optan as persoas participantes, os que completen os 22 quilómetros entre Sarria e Portomarín poderán obter o selo da credencial do peregrino correspondente a esta etapa.

Isto supón un convite para que continúen co percorrido ata Santiago de Compostela, axudando a reactivar a economía galega.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14888596534729