A Xunta apoia a II Festa do Motor 4x4 da Comarca de Sarria, que se celebra o sábado 14 de xuño

SarriaXa
A cita contará con probas para motos, quads, buggys e vehículos todoterreo, nun evento que combina espectáculo, destreza e paixón polo motor
II-Festa-do-Motor-Sarria
10 Jun 2025

A Xunta de Galicia renovou a súa colaboración coa II Festa do Motor 4x4 da Comarca de Sarria, que terá lugar o próximo sábado, 14 de xuño, ao longo de toda a xornada. A cita contará con probas para motos, quads, buggys e vehículos todoterreo, nun evento que combina espectáculo, destreza e paixón polo motor.

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou na presentación do evento, organizado polo Concello e o club Os Carro x Catro.

A actividade dará comezo ás 8:00 horas coa entrega de documentación no polígono do Morelle, e desenvolveranse exhibicións, probas de habilidade e percorridos con obstáculos durante todo o día.

A xornada culminará a partir das 21:00 horas cunha cea de confraternidade e a entrega de premios aos participantes.

⚙ Configurar cookies
0.16560006141663