A Xunta apoia o desenvolvemento da primeira Festa do Motor 4x4 Comarca de Sarria

SarriaXa
A iniciativa celebrarase este sábado, 1 de xuño, coa participación de diferentes vehículos 4x4
Presentación-Carro-x-Catro-Sarria-Xunta
28 Maio 2024

A Xunta de Galicia apoia a primeira Festa do Motor 4x4 Comarca de Sarria, que organiza o club Os Carro x Catro este sábado, 1 de xuño, no polígono de Morelle.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou na presentación o labor dos organizadores, que “logo do éxito acadado coa ruta celebrada en novembro, innovan cunha festa que aspira a ter continuidade no calendario e que se centra nun dos aspectos máis valorados polo público, as probas de habilidade nun circuíto acondicionado para a ocasión”.

Á cita acudirán uns 100 participantes chegados dende diferentes puntos de todo Galicia, Asturias, e Castela e León, con vehículos todoterreo, quads, motos e buggies.

O programa abrirase cunha exhibición para mozos e cativos, ás 09.30 horas e ás 10.45 horas comezarán as probas de habilidade para motos e quads, mentres que ás 15.30 horas, serán as de buggies e todoterreos.

0.16565608978271