A Xunta autoriza os parques eólicos de Paradela e Bretoña

TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolleu este luns a autorización administrativa previa da Xunta para a construción do parque eólico Bretoña, situado entre os concellos da Pastoriza, Riotorto e Mondoñedo; así como ao parque Paradela-005, que se proxecta entre Bóveda, O Saviñao, Paradela e Sarria.
20 Feb 2024

O parque eólico Paradela-005 está promovido por Green Capital e ten unha potencia de 23 megawatts. O investimento previsto supera os 33 millóns de euros e a orde indica que non se prevén efectos significativos de impacto ambiental.

No caso do parque Bretoña, impulsado por Norvento, conta cunha potencia de 3 megawatts, cun orzamento de execución de máis de 2 millóns de euros. Neste caso advírtese que non está previsto que prexudique a explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e madeireiras.

0.15837097167969