A Xunta colabora co Xeodestino Comarca de Lugo – Terras da Ulloa para fomentar accións

LugoXa | SarriaXa
Javier Arias participou en Castroverde na presentación dunha guía elaborada polo Xeodestino para promocionar os seus recursos e atractivos turísticos
Xeodestino-Comarca-de-LugoTerras-da-Ulloa-en-Castroverde
13 Nov 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou o apoio do Goberno galego para potenciar o Xeodestino Comarca de Lugo – Terras da Ulloa, que abrangue os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Outeiro de Rei, O Páramo, Rábade, Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla.

Arias participou en Castroverde na presentación dunha guía elaborada polo Xeodestino para promocionar os seus recursos e atractivos turísticos. Tamén propón un itinerario de catro días para coñecer os principais puntos de interese dos dez municipios.

O delegado salientou que o apoio da Xunta “permite aos Xeodestinos promover iniciativas e proxectos que poñen en valor o seu territorio de xeito conxunto e axudan a diversificar a oferta turística”.

Explicou que o Goberno galego, a través da Axencia de Turismo de Galicia, acaba de asinar un novo convenio coa agrupación da Comarca de Lugo – Terras da Ulloa para colaborar nas súas accións promocionais, como a organización de rutas turísticas, a participación na feira internacional de turismo FITUR, a divulgación de festas e eventos e outras iniciativas para potenciar turísticamente este territorio.

0.17124104499817