A Xunta e o Concello de Sarria preparan un proxecto de reforma urxente do campo da Ribela

SarriaXa
A administración autonómica comprométese a avaliar o investimento necesario para acometer melloras tras o ascenso da Sarriana á Segunda RFEF
Reunion-Sarria-Xunta
28 Jun 2025

A Xunta de Galicia e o Concello de Sarria están a ultimar a definición dun proxecto de reforma urxente do Estadio Municipal da Ribela co obxectivo de atender as demandas formuladas pola SD Sarriana despois de conseguir recentemente o ascenso á Segunda RFEF.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria, Claudio Garrido; co concelleiro de Deportes, Félix Seijas; e coa voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Carmen José López, para coñecer de primeira man as necesidades prioritarias e avanzar nun posible acordo de colaboración económica.

O encontro celebrouse na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, onde Arias manifestou a vontade do Goberno galego de cuantificar e confirmar “nun prazo breve” o investimento que se poderá destinar a esta actuación, co obxectivo de que as reformas acordadas poidan comezar o antes posible.

A remodelación do campo preséntase como unha prioridade tanto para o club como para o executivo local, xa que a nova categoría competitiva esixe melloras nas instalacións que garantan o cumprimento dos requisitos establecidos pola federación.

⚙ Configurar cookies
0.15414094924927