A Xunta e o Concello do Incio analizan novas vías de colaboración

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, reuniuse co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para avaliar as principais necesidades do municipio nas áreas de competencia autonómica.
Durante a xuntanza, tamén se exploraron posibles liñas de cooperación para impulsar proxectos e organizar eventos que contribúan á dinamización social e cultural da localidade.
Arias destacou a relevancia da colaboración entre a Administración autonómica e o Concello “para garantir servizos e infraestruturas que permitan equilibrar as condicións de vida e traballo en todo o territorio”.
Neste sentido, trasladoulle ao rexedor a disposición do Goberno galego para traballar conxuntamente no desenvolvemento de iniciativas que melloren o benestar da veciñanza do Incio.