A Xunta e o Concello do Páramo avanzan en novos proxectos tras unha reunión entre Arias e López

SarriaXa
As colaboracións recentes inclúen obras de pavimentación e melloras na xestión de residuos cun investimento autonómico de 39.000 euros
alcalde-O-Paramo-con-delegado-Xunta-Lugo
18 Sep 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo un encontro co alcalde do Páramo, José Luis López, no que analizaron as actuacións que se atopan en marcha e abordaron novas iniciativas destinadas a reforzar os servizos municipais.

Durante a reunión, Arias puxo en valor os proxectos realizados recentemente no municipio coa colaboración autonómica, como a pavimentación dos accesos a San Mamede da Ribeira e a colocación de soportes de suxeición para os contedores de lixo.

Segundo explicou, estas intervencións suman unha achega da Xunta de 39.000 euros, procedentes de dúas convocatorias de axudas lanzadas en 2025 pola Dirección Xeral de Administración Local, destinadas a apoiar a mellora de infraestruturas e servizos municipais.

O delegado territorial subliñou a importancia desta cooperación institucional, xa sexa mediante investimentos directos ou a través de programas de apoio, ao considerar que “a colaboración entre a administración autonómica e a local é fundamental para sacar adiante iniciativas que melloren o día a día dos veciños e veciñas da provincia”.

⚙ Configurar cookies
0.08647894859314