A Xunta Local de Seguridade reúnese para acordar a vixilancia do San Xoán de Sarria

SarriaXa
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, copresidiu cabo do alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a Xunta Local de Seguridade.
SAN XOAN XOVE
16 Jun 2022

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, copresidiu cabo do alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a Xunta Local de Seguridade para establecer a seguridade durante as festas de San Xoán.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, copresidiu , xunto co alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a Xunta Local de Seguridade que se reuniu para organizar o dispositivo que velará pola seguridade durante as festas de San Xoán.

A Xunta Local de Seguridade, que se reuniu na Casa do Concello, examinou tanto as pevisións da organización dos festexos de San Xoán como os horarios e lugares que poden resultar máis conflitivos pola posible aglomeración de persoas e vehículos, así como os reforzos que deben establecer os distintos corpos de seguridade e de emerxencia para previr incidencias con motivo da celebración da festa, que retoma a normalidade logo da crise sanitaria.

Seguridade en Sarria

A Xunta Local de Seguridade examinou, ademais, a situación da seguridade cidadá neste concello e a marcha dos plans operativos que desenvolve a Secretaría de Estado de Seguridade.A subdelegada informou da favorable evolución da seguridade en Sarria, xa que a delincuencia no último ano diminuíu respecto ás cifras rexistradas antes da pandemia e, ademais, aumentou en 3 puntos da eficacia policial.

Rodríguez detallou que, segundo as estatísticas da Garda Civil, en 2021 rexistráronse 343 infraccións penais no municipio. Delas, 151 foron delitos graves ou menos graves e 192 delitos leves. Esta cifra supón que o número de delitos diminuíu un 3,11% respecto ao ano 2019, cando se produciran 354. O descenso debeuse á caída nos delitos graves e menos graves, que pasaron de 167 a 151. Aumentaron, en cambio, as infraccións leves, que pasaron de 187 a 192.

Violencia de xénero

A subdelegada dedicou unha mención especial á violencia de xénero xa que advertiu que neste caso a tendencia negativa pois “temos que lamentar un aumento no número de denuncias rexistradas no municipio”. Así, mentres no ano 2020 producíronse 16 denuncias, en 2021 a cifra aumentou a 20 e nos meses que levamos deste ano xa son 9.

Plans operativos de seguridade

A subdelegada do Goberno tamén destacou o reforzo nos medios de protección dos peregrinos este verán ante a gran afluencia con motivo da ampliación do Ano Santo Xacobeo a 2022 e a mellora da situación sanitaria. Explicou que a Garda Civil desprega na provincia o Plan de Seguridade Ano Santo Xacobeo 2022 para protexer aos peregrinos que se dirixen a Compostela a través dos distintos Camiños, especialmente en lugares como Sarria, que é un punto emblemático do Camiño Francés.

En canto ao Plan Director para convivencia e mellora da seguridade escolar, que ofrece distintas actividades á comunicade educativa, no curso 2020/2021, debido á crise sanitaria, soamente puideron realizarse dúas actividades por vía telemática. No curso que está a piques de rematar son 25 as charlas nos centros escolares de Sarria, sobre temas como adicción a videoxogos, riscos das novas tecnoloxías, acoso escolar, violencia de xénero e bandas xuvenís.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18433499336243