A Xunta pide unha reunión á Deputación para tratar sobre o convenio dos bombeiros

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Xunta de Galicia reiterou hoxe á Deputación de Lugo a súa petición de celebrar unha reunión sobre o Consorcio de Bombeiros.
Friol bombeiros simulacro
26 Jan 2023

A Xunta de Galicia reiterou á Deputación de Lugo a súa petición de celebrar o vindeiro venres, 3 de febreiro, unha reunión de traballo en Lugo para acadar unha proposta conxunta do convenio colectivo para presentar aos traballadores do Consorcio de Bombeiros.

Como xa expuxo en varios escritos enviados á institución provincial neste mes, a Xunta de Galicia considera imprescindible que ambas administracións teñan unha reunión previa na que alcancen unha postura conxunta, antes de manter a xuntanza cos traballadores.

Ademais, a administración autonómica comunicou hoxe á Deputación, estar abertos a fixar para a seguinte semana, do 6 ao 10 de febreiro, na súa sede de Lugo, a súa disposición para reunirse cos traballadores e comité de empresa do Consorcio de Bombeiros.   


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14002895355225