A XV edición da Festa do Cocido Porco Celta terá lugar na comarca de Sarria do 18 ao 21 de febreiro

SarriaXa
A XV edición da Festa do Cocido Porco Celta terá lugar na comarca de Sarria do 18 ao 21 de febreiro en establecementos asociados
xv festa porco celta sarria
15 Feb 2023

Este fin de semana de Entroido ten lugar tamén a XV Festa do Cocido Porco Celta da comarca de Sarria.

Así, as persoas e grupos interesados en desfrutar do cocido do 18 ao 21 de febreiro poderán facelo en algún dos establecementos colaboradores, que son o Hotel Alfonso IX de Sarria, o Hotel Roma de Sarria, o Chanto de Sarria, o Camping Vila de Sarria, e o Hotel a Veiga de Samos.

Ademais, tamén se poderán gustar tapas e racións de porco celta noutros nove establementos de Sarria (D'Orixen, Barullo, Don Pepe, La Taza Dorada, El Parisién, 8mm, As the Picas, El Faro, DP Cristal) e un de Samos (Cantina de Renche).

A festa do Cocido conta co patrocinio de Embutidos y Salazones Teijeiro, Panadería Pallares, Panadería Regueiro, Panadería Caldas e Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta.

xv festa porco celta sarria

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15922808647156